miércoles, 12 de mayo de 2010

Nelson Mandela: exemplo de cidadanía



Este curso cúmplense 20 anos da liberación de Nelson Mandela, símbolo da tolerancia e a convivencia que tanta influencia tivo en toda África e no mundo enteiro. A súa intensa labor de loita contra o inxusto e despreciable réxime do Apartheid en Sudáfrica convertiuno nunha das persoas máis respetadas e admiradas internacionalmente, sendo incluso premiado co Premio Nobel da Paz.

A todo aquel que non saiba da súa labor invitamolo dende aquí a que se interese pola súa vida e a súa obra. Por que debería facelo? Pois ben, porque o que o faga se dará conta que está ante unha das persoas máis fascinantes que se coñecen. Todo un exemplo de cidadanía, respeto e tolerancia.

E direivos por que. Pensade por un momento en que vos queixades contra algunha inxustiza que se esté cometendo contra o voso pobo, e que por esa razón o goberno vos encerra durante máis de 20 anos nunha prisión, sometido a torturas e alonxado dos vosos seres queridos. Tras todo isto acaban liberandovos pola presión da xente e, pouco tempo despois, vós mesmos chegades ao poder. Que fariades coas persoas que cometeron eses actos contra vós? Direivos o que Mandela fixo: perdoalos. Así de sinxelo e así de difícil.

Mandela conseguiu o que practicamente ninguén se esperaba: reconciliar a un país dividido polo racismo e o odio. Un país onde os negros tiñan sede de vinganza contra os blancos polas inxustizas que anos atrás cometeron contra eles.

Resultado de todo isto: Sudáfrica é na actualidade o país máis desenvolvido de África, capaz incluso de albergar un evento da magnitude do mundial de fútbol este mesmo ano. Ahi queda iso:


"Se queres facer a paz co teu inimigo tes que traballar con el. Entonces convertirase no teu compañeiro"
Nelson Mandela

Enlaces de interese:




Imaxes da liberación de Mandela

lunes, 3 de mayo de 2010

Día Mundial da Liberdade de Prensa



Hai uns días falabamos do traballo coma uno dos Dereitos Humanos fundamentais que máis debemos defender nos nosos días. Hoxe, a UNESCO adicalle este día a recordar a importancia doutro dereito fundamental nas sociedades democráticas: a liberdade de prensa.

Ninguén pode negar o valor que reporteiros e periodistas teñen para facernos ver os problemas que asolan o mundo na actualidade. O seu traballo, perigoso e arriscado en moitos países, é fundamental para dar a coñecer ao mundo as inxustizas que se están a cometer en países como China, Corea do Norte, Birmania, Zimbaue ou Colombia. Os historiadores ocupamonos de analizar o pasado, pero son os periodistas os que fan esta labor no presente. Arriscan as súas vidas para asegurar o noso dereito á información.

Nun día como hoxe a ONG internacional "Reporteiros sen fronteiras" recordanos os problemas relacionados coa liberdade de prensa e denuncia algúns dos principais "enemigos" da prensa en todo o mundo. Aquí tedes a lista:



Adxuntamos tamén alguns