miércoles, 12 de mayo de 2010

Nelson Mandela: exemplo de cidadanía



Este curso cúmplense 20 anos da liberación de Nelson Mandela, símbolo da tolerancia e a convivencia que tanta influencia tivo en toda África e no mundo enteiro. A súa intensa labor de loita contra o inxusto e despreciable réxime do Apartheid en Sudáfrica convertiuno nunha das persoas máis respetadas e admiradas internacionalmente, sendo incluso premiado co Premio Nobel da Paz.

A todo aquel que non saiba da súa labor invitamolo dende aquí a que se interese pola súa vida e a súa obra. Por que debería facelo? Pois ben, porque o que o faga se dará conta que está ante unha das persoas máis fascinantes que se coñecen. Todo un exemplo de cidadanía, respeto e tolerancia.

E direivos por que. Pensade por un momento en que vos queixades contra algunha inxustiza que se esté cometendo contra o voso pobo, e que por esa razón o goberno vos encerra durante máis de 20 anos nunha prisión, sometido a torturas e alonxado dos vosos seres queridos. Tras todo isto acaban liberandovos pola presión da xente e, pouco tempo despois, vós mesmos chegades ao poder. Que fariades coas persoas que cometeron eses actos contra vós? Direivos o que Mandela fixo: perdoalos. Así de sinxelo e así de difícil.

Mandela conseguiu o que practicamente ninguén se esperaba: reconciliar a un país dividido polo racismo e o odio. Un país onde os negros tiñan sede de vinganza contra os blancos polas inxustizas que anos atrás cometeron contra eles.

Resultado de todo isto: Sudáfrica é na actualidade o país máis desenvolvido de África, capaz incluso de albergar un evento da magnitude do mundial de fútbol este mesmo ano. Ahi queda iso:


"Se queres facer a paz co teu inimigo tes que traballar con el. Entonces convertirase no teu compañeiro"
Nelson Mandela

Enlaces de interese:




Imaxes da liberación de Mandela

1 comentario: