Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de mayo de 2010

Nelson Mandela: exemplo de cidadanía



Este curso cúmplense 20 anos da liberación de Nelson Mandela, símbolo da tolerancia e a convivencia que tanta influencia tivo en toda África e no mundo enteiro. A súa intensa labor de loita contra o inxusto e despreciable réxime do Apartheid en Sudáfrica convertiuno nunha das persoas máis respetadas e admiradas internacionalmente, sendo incluso premiado co Premio Nobel da Paz.

A todo aquel que non saiba da súa labor invitamolo dende aquí a que se interese pola súa vida e a súa obra. Por que debería facelo? Pois ben, porque o que o faga se dará conta que está ante unha das persoas máis fascinantes que se coñecen. Todo un exemplo de cidadanía, respeto e tolerancia.

E direivos por que. Pensade por un momento en que vos queixades contra algunha inxustiza que se esté cometendo contra o voso pobo, e que por esa razón o goberno vos encerra durante máis de 20 anos nunha prisión, sometido a torturas e alonxado dos vosos seres queridos. Tras todo isto acaban liberandovos pola presión da xente e, pouco tempo despois, vós mesmos chegades ao poder. Que fariades coas persoas que cometeron eses actos contra vós? Direivos o que Mandela fixo: perdoalos. Así de sinxelo e así de difícil.

Mandela conseguiu o que practicamente ninguén se esperaba: reconciliar a un país dividido polo racismo e o odio. Un país onde os negros tiñan sede de vinganza contra os blancos polas inxustizas que anos atrás cometeron contra eles.

Resultado de todo isto: Sudáfrica é na actualidade o país máis desenvolvido de África, capaz incluso de albergar un evento da magnitude do mundial de fútbol este mesmo ano. Ahi queda iso:


"Se queres facer a paz co teu inimigo tes que traballar con el. Entonces convertirase no teu compañeiro"
Nelson Mandela

Enlaces de interese:




Imaxes da liberación de Mandela

miércoles, 28 de abril de 2010

1 de Maio: Día do Traballo

"El Cuarto Estado" de Giuseppe Pelizza de Volpedo


Achégase o 1 de Maio, a data na que todos os anos celebramos o Día Internacional dos Traballadores. Convén recordar nestas datas a toda esa xente que dende o movemento obreiro loitou e sacrificou as súas vidas para conseguir os dereitos laborais dos que hoxe en día disfrutamos en países coma o noso. Nunca olvidedes que son logros históricos que custou moito conseguir; coñecelos, defendelos e reivindicalos é o mellor que podemos facer para honrar a memoria dos que morreron por eles.

Artículo 23.

  • 1. Toda persona tiene derecho al trabajo, a la libre elección de su trabajo, a condiciones equitativas y satisfactorias de trabajo y a la protección contra el desempleo.
  • 2. Toda persona tiene derecho, sin discriminación alguna, a igual salario por trabajo igual.
  • 3. Toda persona que trabaja tiene derecho a una remuneración equitativa y satisfactoria, que le asegure, así como a su familia, una existencia conforme a la dignidad humana y que será completada, en caso necesario, por cualesquiera otros medios de protección social.
  • 4. Toda persona tiene derecho a fundar sindicatos y a sindicarse para la defensa de sus intereses.
Declaración Universal de los Derechos Humanos. 1948

miércoles, 17 de marzo de 2010

Historia dunha foto




Poucas veces unha foto de guerra foi tan importante para a historia dun país. A imaxe dos soldados estadounidenses colocando a bandeira da súa patria unha vez conquistada a illa xaponesa de Iwo Jima en 1945 (nunha das batallas máis cruentas da Segunda Guerra Mundial) convertiuse nunha das fotos de guerra máis famosas da historia. Premiado o seu autor co Premio Pullitzer, a foto incluso inspirou unha novela coa súa conseguinte adaptación cinematográfica levada a cabo brillantemente por Clint Eastwood hai uns anos ("Bandeiras dos nosos pais")

E diredes vós? Por que tanto conto por unha foto? Pois ben, a importancia da