miércoles, 17 de marzo de 2010

Historia dunha foto




Poucas veces unha foto de guerra foi tan importante para a historia dun país. A imaxe dos soldados estadounidenses colocando a bandeira da súa patria unha vez conquistada a illa xaponesa de Iwo Jima en 1945 (nunha das batallas máis cruentas da Segunda Guerra Mundial) convertiuse nunha das fotos de guerra máis famosas da historia. Premiado o seu autor co Premio Pullitzer, a foto incluso inspirou unha novela coa súa conseguinte adaptación cinematográfica levada a cabo brillantemente por Clint Eastwood hai uns anos ("Bandeiras dos nosos pais")

E diredes vós? Por que tanto conto por unha foto? Pois ben, a importancia da
foto ven do gran impulso e fervor patriótico que a súa difusión orixinou. O presidente dos Estados Unidos utilizou a imaxe e aos seus protagonistas nunha campaña propagandística de recaudación de fondos para a guerra que alcanzou un enorme éxito. Pese a estar xa a guerra moi de cara para os Estados Unidos, era necesario un último impulso económico para porlle fin, cousa que se logrou gracias ós cartos recadados con esta campaña.

É este un caso que explica perfectamente a importancia da utilización da imaxe ou outro tipo de elementos audiovisuais para lograr uns fins concretos polo goberno dun país. Neste caso, buscabase apelar ó fervor patriótico dos estadounidenses para que sacrificasen un pouco máis a súa xa débil economía co fin de axudar ao seu país. E abofé que o conseguiron.

Aqui tedes uns enlaces para quen teña interés en afondar no tema:

Historia da foto en Wikipedia

Breve resumo da batalla de Iwo Jima

Ficha do filme en Filmaffinity


1 comentario:

  1. Moi interesante o artigo. Mira que non miraríamos veces nin na esta foto!

    ResponderEliminar