Benvida

Como dixo o noso amigo Xulio César ao pasar o Rubicón, Alea iacta est. Aquí comeza a andadura do Departamento de Ciencias Sociais polo intrincado e complicado mundo da rede. Intentaremos facer deste blog unha ferramenta útil que todos os alumnos poidades utilizar para estar ao tanto das novas relacionadas co noso Departamento, así como de información interesante relacionada co mundo da Historia, Arte e Xeografía. Tede paciencia con nós, que aínda estamos algo verdes no tema informático.