martes, 6 de abril de 2010

Artistas contra o cambio climático


O deterioro do medio ambiente é un problema de gran actualidade na nosa sociedade. O modo de vida consumista e derrochador que levamos nos países desenvolvidos está a provocar cambios que poñen en perigo a súa preservación e, polo tanto, a propia supervivencia da nosa especie. A contaminación atmosférica, o esgotamento dos recursos naturais ou o consumo irresponsable son problemas sobre os que traballamos nos institutos. É importante facer ver ás xeracións futuras
que o noso papel é fundamental para atallar o problema ambiental. A mensaxe está clara: nas nosas mans está a solución.

Sin embargo, esta mensaxe non sempre chega con toda a forza que desexariamos. Moitas veces non somos nin os profesores nin os pais as persoas máis influintes na mentalidade dos rapaces, senón que o son os seus ídolos. Músicos, futbolistas, actores e famosos en xeral, que en moitas ocasións son admirados e respetados por millóns de persoas.

Deberían este tipo de persoas intentar que mensaxes tan importantes como a concienciación sobre o cambio climático chegasen a toda a xente que fose posible? O seguinte caso é un bó exemplo de elo:

Pearl Jam invirte 210.000 dólares para compensar a contaminación provocada nos seus concertos

A famosa banda de rock de Seattle tenta dar exemplo con este pequeno xesto, co fin de concienciar a todo o mundo sobre a problemática das emisións de CO2. Está claro que non é máis que unha aportación simbólica, pero o importante do asunto é facer ver o problema e resaltar que todos debemos colaborar para a súa solución. Eles mesmos se consideran "unha empresa" e como tal, non eluden a súa responsabilidade no impacto ambiental que a producción dos seus discos e a organización dos seus concertos está a provocar. Dan con elo todo un exemplo de civismo e cidadanía global, animando ós millóns de fans que teñen en todo o mundo a seguir o seu exemplo.

Non é esta a primeira vez que os vemos colaborar en importantes causas sociais ou ambientais (apoiaron, por exemplo, unha gran iniciativa en contra dos abusos e torturas en Guantánamo) e supoñemos que non será a última.

Dende o noso departamento apoiamos e valoramos moito a labor de artistas como estes, que nos axudan a que os rapaces vos dedes conta dos grandes problemas que amenazan a humanidade, e valoredes a importancia que todos e cada un de nós temos á hora de solucionalos.

Devolvemoslle o favor a Pearl Jam animandovos dende aquí a que escoitedes un dos seus temas máis coñecidos e famosos. Ahi vos vai:



No hay comentarios:

Publicar un comentario